Louzán inaugura a estrada das Aceñas despois de 3 anos en obras

    acenas100_160708.jpgA ILLA > A mellora da estrada das Aceñas xa está rematada. O presidente da Deputación inaugurou esta vía que dá acceso ás praias de Carreirón.

    Tres anos despois de que se iniciasen as obras, a estrada das Aceñas, na Illa, xa está lista. O presidente da Deputación, Rafael Louzán e mailo alcalde Manuel Vázquez inauguraron onte a vía. O organismo provincial achegou algo máis dun millón de euros e o Concello 41.000.

    Os traballos realizados nesta estrada, de quilómetro e medio de lonxitude, consistiron na construcción de beirarrúas, a reposición de servicios, a substitución do firme e a construcción de pasos de peóns elevados. Melloras que permitirán dotar a esta vía das condiciones axeitadas ó denso tráfico que soporta, especialmente durante o verán. A estrada das Aceñas é a vía de acceso ás praias do Carreirón, das más concorridas da ría de Arousa.

    O presidente da Deputación indicou que esta obra contribuirá a reducir a perigosidade desta travesía. Louzán lembrou que a reforma desta estrada era unha obra moi demandada polos veciños, posto que a falla de sinalización, sumada á deficiencia dos servizos e de calquera elemento de seguridade viaria, e a estreitura da plataforma facían dela unha travesía de gran risco. Con Louzán estivo unha nutrida representación do Concello, ademais dun grupo de gaitas.

    Redacción Salnés