Inauguradas as obras de rexeneración das praias de Rianxo tras sete anos

    rexeneraciontanxil_100_180708.jpgRIANXO > Responsables do Ministerio de Medio Ambiente desprazáronse ata o Barbanza para inspeccionar as obras de rexeneración acometidos na comarca.

    {flowplayer}barbanza/rexeneraciontanxil.flv{/flowplayer}

    Despois de visitar o pasado xoves a comarca do Salnés, o Secretario Xeral do Mar do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, Juan Carlos Martínez Fragueiro e a Directora Xeral de Sostibilidade da Costa e o Mar, Alicia Paz Antolín, achegáronse esta venres ata o Barbanza para inspeccionar os traballos de rexeneración que se levan a cabo no areal de Barraña en Boiro e os de construcción do paseo marítimo de Escarabote.

    Posteriormente trasladáronse ata Rianxo onde inauguraron as obras de recuperación ambiental de varias praias. Despois de máis de sete anos de tramitación e obra e cun investimento que se achegou aos dez millón euros, inaugurouse oficialmente a rexeneración das praias rianxeiras de O Porrón, As Cunchas, Tanxil-Quenxo, A Torre e o Pazo. Máis de dez quilómetros de bordo litoral que, segundo afirmou o director Xeral do Mar, Juan Carlos Martínez Fragueiro, será para uso e goce de todos os cidadáns.

    Política de sostibilidade

    Asegurou o representante do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño que este proxecto é un claro exemplo da política de sostibilidade que sigue o departamento que dirixe Elena Espinosa.

    Pola súa banda, o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro agradeceu a institucións, colectivos e persoas que colaboraron na posta en marcha do proxecto de rexeneración destes areais e expresou a súa satisfacción por ter levado a cabo unha actuación que incide no benestar dos rianxeiros e con trascendencia de futuro.

    Futuros proxectos

    A relación do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño co concello de Rianxo terá continuidade no futuro, con actuacións como a recuperación do bordo litoral entre Punta Fincheira e Tanxil e a construcción dun paso peonil dende o Porto de Taragoña ata a praia de A Torre.

    Redacción Barbanza