Os pósitos arousáns volven rexeitar a cesión dunha parte de Cabío a Pobra

    xestioncabio_100_180708.jpgPOBRA >  Os dirixentes das confrarías arousás volveron reunirse en Santiago para negociar, sen éxito, a cesión dunha parte do banco natural de Cabío á Pobra.

    {flowplayer}barbanza/xestioncabio.flv{/flowplayer}

    De pouco serviu a nova xuntanza celebrada este xoves entre as confrarías da Ría de Arousa e o director xeral de Recursos Mariños para abordar a posibilidade de ceder unha parte do banco de libre marisqueo de Cabío ó pósito da Pobra.

    Lonxe de achegar posturas, a maior parte dos representantes das confrarías insisten en que a explotación do banco debe permanecer tal e como está. A férrea oposición das confrarías non sorprende ó patrón maior da Pobra, Manuel Maneiro, posto que é a mesma postura que veñen mantendo dende o ano 2006 cando a Consellería de Pesca aprobou o plan de explotación para Cabío presentado pola Pobra. Daquela, ante o rexeitamento xerado no sector, o pósito pobrés decidiu renunciar á súa xestión pero no 2007 repetiuse a situción e A Pobra volveu renunciar a xestionar o banco de libre marisqueo a cambio de crear unha mesa de diálogo para deslindar unha parte do banco que agora o resto de confrarías non están dispostas a ceder.

    Papel da administración

    Tras esta última infrutuosa reunión os mariscadores da Pobra deixan o conflito en mas da admnistración agardando que tome medidas para corrixir o que consideran unha desigualdade histórica posto que a finais da década dos 90 deslindáronse outros bancos de libre marisqueo a favor das confrarías que agora llo negan á Pobra.

    Mentres tanto, o patrón maior da Pobra pide respecto ós dirixentes dos demais pósitos arousáns e avoga pola unidade do sector en toda a Ría de Arousa.

    Redacción Barbanza