NOIA> Noia viviu a fin de semana grande das súas festas patronais cun amplo programa de celebracións. O concerto de Budiño e a actuación da París de Noia puxeron o broche de ouro a cinco días de festas nas que a música foi a principal protagonista.
Como en calquera festa que se prece non podía faltar a boa comida. Máis dun cento de empanadas repartíronse na exaltación deste produto en cuxa elaboración teñen sobrada experiencia os noieses.
Ademais do reparto das racións celebrouse un concurso para elixir a mellor empanada. Na categoría profesional a fíxose co triunfo a Panadería da Ponte de San Francisco mentes que a título persoal o podio para os mellores empanadeiros quedou integrado por María Pestonit, Carmen Marán e Federico Bueno.
Esta xornada gastronómica, organizada polo Noia Club de Fútbol, na que non faltou a música tradicional deu paso a unha noite chea de música, Tamén ritmos tradicionais aínda que fusión de estilos compuxeron a proposta musical de Budiño que presentou e Noia ao seu último disco Branca Vela.
Precisamente a ampla oferta de actividades para tódolos públicos foi a clave do éxito destas festas das que dende o concello fan un balance máis que positivo.
O fin de festa veu da man da París de Noia que congregou na alameda a miles de festeiros que despediron por todo o alto o San Bartolomeu ata o vindeiro ano.











