Deputación e concello de Boiro avanzan na tramitación da mellora da estrada de Berres ó Saltiño

BOIRO> O alcalde de Boiro e o concelleiro de Urbanismo mantiveron unha xuntanza coa nova responsable de Obras da Deputación da Coruña. Mónica Rodríguez ratificou o compromiso da administración provincial de acometer a mellora do vial que conecta Cabo de Cruz e Abanqueiro.

A mellora do vial de Berres ó Saltiño suporá un importante avance na vertebración do concello de Boiro posto que conecta as estradas de Abanqueiro e Cabo de Cruz, desviando o tráfico pesado do casco urbano. Na xuntanza coa responsable provincial de Obras, os representantes municipais trasladáronlle o estado de tramitación do anteproxecto.

Tamén se abordou durante a reunión a necesidade de axilizar as obras na estrada de Neixón que están a sufrir retrasos por mor das malas condicións climatolóxicas.

Os responsables do concello plantexaron tamén as necesidades que presentan outras vías provinciais como as que conectan Boiro con Noia ou con Abanqueiro. Convidaron á deputada Mónica Rodríguez a visitar o concello para estudar estas demandas sobre o terreo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí