![]()
BOIRO > O Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para 2009 inclúe un total de 21 actuacións no concello de Boiro.
{flowplayer}barbanza/posboiro.flv{/flowplayer}
As actuacións, que foron presentadas polo alcalde de Boiro, Xosé Deira, e o edil de Obras, Xoán Xesús Ares, refírense fundamentalmente a obras de canalización de pluviais e melloras na pavimentación de camiños. Os proxectos agrúpanse en oito paquetes.
Entre eles, figuran a recollida de pluviais e pavimento en Pesqueira e Cesar así como mellora de asfaltado nos camiños de Seixiños á Igrexa do Castro, Cemiterio de Lampón a Cobo, Espiñeira, Arribada e Nine.
A inversión total das actuacións superará os 393 mil euros, dos cales a Deputación achegará unha aprtida de 365 mil euros mentres que a contía restante, superior ós 28 mil euros, correrá a cargo do concello.
Reparto proporcional
O obxectivo que se marca o executivo boirés a través deste plan provincial é repartir as inversións públicas proporcionalmente entre as distintas parroquias, tomando como criterio as principais necesidades de cada núcleo.
Se ben no POS apenas se recollen actuacións en Cures e Macenda, o alcalde explicou que xa se estána acometer proxectos nestas parroquias como o saneamento do río Coroño para dotar de servizo a Cures e a apertura de pistas que se iniciará a principios do próximo ano ou a mellora de pistas de Moimenta a Macenda.
Actuación complementaria
Como proxecto complementario incluese no polan a dotación de sumidorios de Beluso a Lomba, cunha inversión de 52 mil euros, que sería aprobado no caso de que a Deputación conte con remanente. O resto das actuación será aprobadas polo pleno provincial este xoves e poderán estar licitadas durante o primeiro trimestre de 2009.
Redacción Barbanza








