![]()
POBRA > A consecuencia dunha colisión entre un camión e dous turismos falecía un veciño de Santander de 47 anos.
{flowplayer}barbanza/accidenteautoviabarbanza.flv{/flowplayer}
POBRA > A consecuencia dunha colisión entre un camión e dous turismos falecía un veciño de Santander de 47 anos. O accidente rexistrabase ó redor das seis e media désta mañá no punto quilométrico 32 da vía autonómica do Barbanza, moi preto do enlace da Tomada. A consecuencia do sinistro perdía a vida un home, J.G.B.A., de 47 anos e veciño de Santander, condutor dun dos dous vehículos implicados no accidente.
Operativo de rescate
Ata o lugar do suceso desprazáronse numerosos efectivos, Policía Local e Garda Civil da Pobra, unha dotación de axentes da Garda Civil de Tráfico e os bombeiros de Ribeira que foron os encargados de retirar ó falecido do seu vehículo ó quedar atrapado entre o amasillo de ferros do seu vehículo. Os condutores dos outros dos vehículos, tanto o do turismo como o do camión, resultaron ilesos.
Corte de tráfico
Debido ó accidente, a circulación foi regulada, cortándose ó trafico un dos carrís, para levar a cabo a retirada dos vehículos implicados na colisións, así como tamén á limpeza da vía que quedou totalmente operativa a partir das dez e media da mañá.
Redacción Barbanza











