RIBEIRA> En vez diso, propoñen que eses cartos vaian a outros fins, como poden ser políticas activas de fomento do emprego ou a subvencionar o transporte público a xubilados, desempregados e mocidade en xeral. Lonxe de criticar que os maiores do municipio non merezan este tipo de recoñecementos, dende o grupo municipal do BNG si consideran que non é de todo xusto empregar tal cantidade de cartos, ó redor duns 42 mil euros, nun xantar, cando existen outras prioridades máis necesarias. A través dun escrito presentado no concello os nacionalistas consideran que este tipo de gastos deberían ser consensuados polo equipo de goberno co resto de forzas da corporación. Dende o BNG ribeirense propoñen investir estes 42 mil euros en políticas activas de fomento do emprego ou en subvencionar o transporte público a xubilados, desempregados e mocidade en xeral.
Inicio Barbanza - Muros - Noia