Aparece un delfín morto nunha cala en Insuela

    RIBEIRA> Se onte se deba conta da aparición dunha tartaruga de gran envergadura na praia do Vilar (Carreira), no día de hoxe foi localizado un delfín morto nunha cala en Insuela (Palmeira). Unha vez máis foron os membros do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM) os que se encargaron da sacar o animal da praia e a partir de agora será unha empresa autorizada a que se faga cargo do transporte e xestión deste tipo de residuos.