![]()
VILAGARCÍA > O primeiro Trofeo San Roque de Fútbol Sala celebrarase en Vilagarcía coa participación de tres equipos, un da casa, O Grupo Junquera, e as formacións de Santiago e Lugo, equipos Lobelle e Azkar respectivamente, …
… ámbalas dúas pertencentes á división de honor desta categoría deportiva. O triangular será no pavillón de Fontecarmoa ás oito do serán do vindeiro venres 15 de agosto. Ata aquí espérase que acuda unha boa cantidade de público, dada a calidade dos equipos que compiten polo galardón.
O Trofeo San Roque naceu coma unha actividade para incentivar o fútbol sala na comarca, das mans dun equipo, O Grupo Junquera, que xa leva 18 anos competindo neste deporte. A formación que dirixe o vilagarciá Diego Mollineo, prepara tamén agora a súa pretemporada, coa incorporación de caras novas ó seu vestiario. Ademais do triangular de Fontecarmoa, o Grupo Junquera tamén xogará na súa pretemporada contra o Coruxo de Vigo e o Mexilón de Ouro de Rianxo.
Redacción Salnés






