O BNG de Ribeira presenta unha emenda á totalidade dos orzamentos municipais

RIBEIRA> Os nacionalistas propoñen botar abaixo o acordo asinado entre o grupo de goberno e o Partido Socialista e consensuar un novo documento presupostario no que se inclúan necesidades que, ó seu xuízo, son urxentes para o municipio.

Novo xiro na película dos orzamentos en Ribeira. O BNG entra en escena e pide botar abaixo o acordo asinado entre populares e socialistas, ó considerar que son uns presupostos ‘fake’, que non darán resposta ás principais necesidades do municipio. Os nacionalistas presentarán o vindeiro luns no pleno unha emenda á totalidade para sacar adiante un novo documento orzamentario que xurda froito do consenso de tódolos grupos da corporación e no que teñan voz tamén as asociacións e colectivos do municipio.

Vázquez Cobas, foi moi ademais moi crítico co alcalde, ó que acusou de mentir, xa que, segundo el, en ningún momento se tendeu a man ó BNG.

A proposta que fan os nacionalistas xira ó redor de cinco grandes bloques, nos que figura unha rebaixa da taxa de saneamento, mellorar a situación do tráfico e os aparcadoiros no casco urbano, a creación de zonas verdes e un maior investimento nas parroquias. As grandes esquecidas segundo eles do goberno local nestes anos.

Entre outros aspectos, o BNG tamén pide aumentar a partida destinada a mantemento, aumentar as achegas as asociacións e entidades locais e reforzar os servizos e empregos públicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí