Mozos con autismo coñecen en Rianxo os segredos do marisqueo

    RIANXO> Un grupo de mozos con autismo aprenden estes días a mariscar da man das profesionais da confraría de Rianxo. Trátase dunha iniciativa enmarcada no proxecto ‘Bata Mariñeira’ promovido pola Fundación Bata de persoas autistas, a empresa Arenaria e o Grupo de Acción Costeira Ría de Arousa. A través do proxecto Bata Mariñeira preténdese achegar ás persoas con autismo distintas experiencias relacionadas co mar. Trátase dun proxecto de divulgación científica adaptado ás necesidades especiais deste colectivo da poboación que, ata o momento, non pode ter mellor resposta. Tras visitas diversos enclaves como a Illa de Cortegada, varios museos do mar ou as sesións divulgativas desenvolvidas no propio centro, esta semana tiveron ocasión de baixar á praia a mariscar axudados polas expertas traballadoras da confraría de Rianxo. A experiencia está a ser do máis enriquecedora para os integrantes deste proxecto que podería ter continuidade en colaboración coas diferentes confrarías. Este programa está financiado por fondos europeos no marco do grupode acción costeira número cinco e desenvolvido pola empresa Arenaria. Está previsto que as actividades continúen ata o verán.