O PP acusa ó goberno central de incumprir coa provincia de Pontevedra

    pp_040808_copia.jpgPONTEVEDRA > O PP acusou ó goberno central de incumprir coa provincia. O presidente provincial, Rafael Louzán …

    {flowplayer}images/salnes/valoracion_pp.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > O PP acusou ó goberno central de incumprir coa provincia de Pontevedra. O presidente provincial, Rafael Louzán e maila deputada no Congreso Ana Pastor fixeron hoxe balance dos cen primeiros días desta nova lexislatura.

    Para Louzán, os socialistas levan acumulados máis de 1.500 días de parálise. Os populares critican que durante este tempo non se inaugurase ningunha obra na provincia de Pontevedra. Como exemplos de promesas incumpridas poñen as obras do Eixo Atlántico, a circunvalación de Pontevedra, o mercado de Vilagarcía ou a variante de Caldas. Neste balance non faltaron referencias á crise. A deputada Ana Pastor pide ó goberno que se poña as pilas para solucionalo.

    Os populares tamén se referiron á política exterior. O eurodeputado Francisco Millán considera que a acción do goberno nesta materia é moi débil e que nestes cen días ofreceu poucos resultados.

    Redacción Salnés