O vindeiro venres abrirase o enlace Pobra Sur da autovía da Barbanza

    aperturaenlacetomada_100_040808.jpgBOIRO > Así o anunciou o delegado provincial da CPTOPT,  Alberto González, que mantivo esta mañá unha xuntanza cos alcaldes de Boiro, A Pobra e Rianxo .

    A reunión forma parte dos encontros periódicos que dende hai meses mantén cos rexedores destes municipios para analizar os traballos complementarios á Autovía da Barbanza que está a acometer o departamento autonómico que dirixe María Xosé Caride.

    Apertura en ámbolos sentidos

    No encontro, Alberto González anunciou que o venres desta mesma semana abrirase ao tráfico un novo enlace da vía, o de Pobra Sur, no que se poderán realizar todos os movementos de incorporación e saída en todos os sentidos de circulación.

    A apertura do enlace Pobra Sur xa fora solicitado en varias ocasión dende o concello e a asociación de empresarios pobresa dado que dá acceso directo ao polígono industrial de A Tomada.

    Deste xeito, a partir do venres, xa estarán operativos os enlaces de Dodro, Catoira, Rianxo, Espiñeira en Boiro, Pobra Norte e Sur e Ribeira en ambas direccións.

    No tocante ao enlace de Palmeira, o delegado provincial avanzou que polo momento segue en obras e aínda non hai data para a súa apertura ao tráfico.

    {flowplayer}barbanza/aperturaenlacetomada.flv{/flowplayer}

    Solución de problemas

    Con todo, o motivo principal da xuntanza de hoxe era dar conta dos avances nos traballos completarios á autovía en cada un dos concellos e escoitar as demandas dos rexedores para solucionar os problemas antes do remate da infraestrutura viaria.

    Outra das cuestións que se puxo sobre a mesa foi o proxecto dun novo ramal na saída da Pobra Norte que conecte ca parroquia de Posmarcos que se solucionará ca construcción dunha rotonda no lugar do Freixo que mellorará o acceso ao colexio Pilar Maestú, as industrias da zona e aos núcleos rurais.

    Chamamento a prudencia 

    Por último o delegado provincial fixo un chamamento aos condutores para que extremen a precaución nunha infraestrutura que non hai que esquecer se atopa aínda en obras.

    Ademáis, lembrou que nos treitos abertos poderán producirse ocasionalmente cortes puntuais de tráfico para a entrada e saída de camións de obra e mesmo nun futuro se poderían producir alteracións na operatividade dos enlaces derivados da evolución das obras.

     

    Redacción Barbanza