NOIA> O Xulgado de Instrución Número Dous de Noia vén de reabrir a causa contra José Enrique Abuín Gey ‘El Chicle’ pola presunta violación á súa cuñada. A xuíza acordou a reapertura das dilixencias ó apreciar similitudes no modus operandi entre esta agresión sexual e a desaparición e morte de Diana Quer, da que é o principal sospeitoso. Foi o Xulgado de Ribeira, encargado da instrución desta última causa, quen deduciu testemuño dunha parte das investigacións realizadas a consecuencia da desaparición da moza madrileña por se os feitos fosen de intereses do xulgado de Noia que no seu día instruíu a causa. A Fiscalía, que entende que os feitos acontecidos en 2004 non prescribiron, tiña solicitado a súa reapertura. Daquela, o caso foi arquivado posto a vítima, irmá de Rosario Rodríguez, acabou retirando a denuncia por presións da familia.
Inicio NOIA