A reforma de República Arxentina dará continuidade á humanización do barrio noiés de San Lázaro

NOIA> Noia prosegue co seu plan de humanización no casco urbano a través do Plan Urbe da Consellería do Medio Ambiente. O concello acometerá de xeito inminente o acondicionamento da rúa República Arxentina, no barrio de San Lázaro.

A reforma da praza das Américas terá continuidade cunha segunda fase na avenida República arxentina. esta obra, actualmente en fase de licitación, suporá un investimento de noventa mil euros e podería ser unha realidade a finais do mes de agosto. Pero a mellora do barrio de San Lázaro non remata aquí senón que o concello pretende darlle continuidade ata a ponte de San Francisco. O obxectivo do concello é favorecer a seguridade viaria nun dos principais accesos á vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí