POBRA> Este espazo, a carón do colexio, será o centro da súa actuación.
Serán os propios nenos os encargados da súa rexeneración, no marco dun proxecto educativo e medioambiental no que ademais do centro educativo participa o Concello.
O proxecto, cunha duración a dous anos, consistirá basicamente na creación dun espazo sostible coa plantación de diversas especies de plantas e arborado e tamén a incorporación de elementos de xogo, entre eles, as cabanas realizadas polas propias crianzas.
E como inicio deste proxecto, a modo simbólico, os rapaces xunto co propio profesorado do centro e tamén varias familias participaron nunha especie de ritual que serviu de recoñecemento e agradecemento á natureza por todo o que nos dá e que non seguirá dando.











