Outes celebra este sábado a terceira edición da Feiriña

OUTES> Concibida coma un evento que busca a promoción do comercio local, o Concello organiza este vindeiro sábado a terceira edición da Feiriña.

O evento terá lugar, como en anos anteriores, na rúa da Capela. Participarán máis de 40 postos que ofrecerán todo tipo de produtos, dende roupa a complementos, pasando por alimentación ou mesmo automoción e maquinaria.

Durante todo o día haberá tamén un bo número de actividades complementarias, con espectáculos infantís, actuacións musicais e mesmo unha degustación gastronómica a cargo do cociñeiro Manuel Rey.

A feira estará aberta de xeito ininterrompido, dende as once da mañá ás once da noite. Dende o Concello convidan a visitar ese día a localidade e desfrutar deste evento