Os conselleiros de Pesca e Medio Ambiente visitan o Grove

    dv808_conselleiros_100.jpgO GROVE > A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego, e o tamén socialista, Manuel Vázquez, Conselleiro de…

    Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, visitaron esta mañá as instalacións do Acquarium Galicia, acompañados polo alcalde local, José Antonio Cacabelos. O obxectivo principal desta visita foi a sinatura dun convenio de colaboración entrámbolos dous departamentos autonómicos e o antedito acuarium para que nenos da costa galega poidan ter a oportunidade de coñecer a biodiversidade do parque nacional das Illas Atlánticas; por medio de varias viaxes en embarcacións tradicionais galegas ó longo do ano que ven.

    Con este convenio e con esta visita, os representantes do goberno galego pretenden apoiar iniciativas empresariais como a do Acuarium encamiñadas á preservación do medio ambiente e a súa divulgación entre o público en xeral. As consellerías de Pesca e Medio Ambiente, coinciden pois neste obxectivos de posta en valor dos recursos naturais galegos e mellora da auto-estima medioambiental da poboación.

    VERQUIDOS EN CAMPELO E CRISE MEXILLÓN

    Na súa visita ó Grove os Conselleiros de Pesca e Medio Ambiente saíron tamén ó paso doutros temas de actualidade nas comarcas das Rías Baixas, como os verquidos producidos a finais da semana pasada en Campelo ou o desencontro entre as plataformas minoritaria e maioritaria do sector mexilloeiro. A Conselleira socialista de Pesca, Carme Gallego, a interpelación dos periodistas valorou a actual crise que está a atravesar o sector mexilloeiro.

    Neste senso, amosou o apoio do seu departamento á actual xestión do grupo maioritario de cara a conseguir a profesionalización do sector, ó tempo que avogou pola regularización da oferta e da demanda no mercado miticultor e pola desestacionalización do producto. No tocante ó clima de conflicto, Carme Gallego asegurou que a Xunta de Galicia se ía a abster de intervir.

    Pola súa parte, o Conselleiro de Medio Ambiente falou sobre os últimos verquidos acontecidos en Campelo, Poio. Vázquez describeu este feito como un acontecemento cada vez menos frecuente que se debe ós anteriores anos de goberno autonómico en mans do PP nos que non se fixo nada por depurar as rías. Unha herdanza que eles recolleron e que están intentando solucionar, segundo dixo, cunha inversión global de 620 millóns de euros para sanear integramente as costas galegas. Engadiu tamén que calquera que realice actos delictivos de contaminación como o de Campelo deberá pagalo.

    O titular de Medio Ambiente asegurou que estes feitos están a ser investigados e que o seu departamento vai a seguir traballando neste lugar, como xa o fixo ultimamente, cun investimento de 100 millóns das antigas pesetas.

    Redacción Salnés