Expoferta celebrarase en marzo, sexa ou non en Fexdega

    VILAGARCIA> Zona Aberta de Vilagarcía está a facer contas para saber a priori o resultado que lle vai a dar expooferta, a feira de liquidación de stocks

    {flowplayer}images/salnes/problemas_zona_aberta_expoferta.flv{/flowplayer}

    … que cada ano celebran ó final das rebaixas de inverno, nas primeiras semanas do mes de marzo.Ás dificultades de sempre e á actual crise económica hai que engadir neste exercicio á incertidume sobre o recinto Feiral de Fexdega. Contan co permiso do Concello para levala a cabo neste lugar pero non dispoñen de calendario algún para poder escoller data, nin asesores que os axudes na disposición dos stands e demais elementos necesarios. O que si saben de certo é que este ano vai a haber unha nova edición de Expooferta, o que non determinaron aínda é a ubicación posto que empregar o recinto feiral é caro de mais para eles nestes tempos, co que están barallando outras opcións.

    De todos xeitos, este ano como os anteriores, os comerciantes de Vilagarcía e os da contorna poderán rematar as rebaixas deste ano en expooferta, onde ate o de agora o nivel de vendas foi máis que aceptable.

    Redacción Salnés