A CIG propón un ERE suspensivo de 6 meses para a plantilla de Ankarr

    novidades_ankarrcopy2.jpgSALNÉS> O fan despois de coñecer onte que os actuais propietarios deixarán sen efecto o contrato de compra venta das confeiterías da firma.

    {flowplayer}images/salnes/NOVIDADES_ANKARR_040112.flv{/flowplayer}

    Foi onte cando os novos compradores lle presentaron á CIG toda a documentación relativa ó contrato de compra-venta e ó concurso de acredores. Segundo lles informaron os inversores, o pasivo de 500 mil euros que plasma o contrato non é real polo que o van a deixar sen efecto. O farán, unha vez venza o prazo de sesenta días no que ámbalas partes teñen que cumprir unha serie de garantías.

    Ante esta situación, Rosa Abuín sinalou que os novos compradores van deixar que o xulgado resolva toda esta problemática xa que eles tampouco están a cumprilas cláusulas do contrato ó non liquidalas pagas pendentes cos traballadores. Á espera de que se resolva, desde o sindicato van propoñer un ERE suspensivo de seis meses para toda a plantilla.

    De aprobarse o ERE, as confeiterías da firma pecharían de novo as súas portas a vindeira semana. Con todo, a representante dos traballadores confesou que toda a plantilla se sinte enganada polos antigos propietarios.

    A pesares dos últimos acontecementos, ábrese unha esperanza neste conflito. Segundo informou Rosa Abuín, uns novos inversores se puxeron en contacto co sindicato para informalos de que poderían optar á compra da firma.

    Redacción Salnés