Emborca un camión tras caer por un desnivel cando circulaba pola autovía do Salnés

    MEIS> Accidente na Autovía do Salnés. Ao seu paso polo concello de Meis, un camión que circulaba en dirección Pontevedra caeu polo desnivel dende a estrada ata unha das leiras. A pesares do aparatoso do sinistro, o condutor e único ocupante do vehículo estaba liberado.

    O seu estado non revestía gravidade, e foi posible evacualo en ambulancia ao Hospital do Salnés. Como consecuencia do impacto, o combustible do camión derramouse sobre a calzada, o que precisou da intervención dos Bombeiros do Salnés para conter e retirar a vertedura. O accidente produciuse ao redor das 11 e 20 da mañá e ata o lugar desprazáronse, ademais dos bombeiros, dúas ambulancias do 061, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Meis.