‘Hai cabida para todos pero isto é meterse no territorio do outro’

    feira_oportunidades_cambadoscopy.jpgCAMBADOS> Deste xeito reaccionou o Presidente de Zona Centro despois de que os comerciantes de Vilagarcía e Vilanova anunciasen en Cambados as súa Feiras.

    {flowplayer}images/salnes/FEIRA_OPORTUNIDADES_CAMBADOS_070812.flv{/flowplayer}

    Unha intromisión no seu territorio cando hai cabida para todos. Así valorou o Presidente de Cambados Zona Centro o feito de que os comerciantes de Vilagarcía e Vilanova anunciasen en Cambados, a través de carteis, as súas respectivas Feiras de Oportunidades. Marcos César González entende que aínda que é preciso xuntar esforzos, neste caso foi un erro.

    O Presidente de Zona Centro facía estas declaracións durante a presentación da Feira de Oportunidades de Cambados que se celebrará os días 17,18 e 19 no Paseo da Calzada. Amais de calzado, moda xoven, complementos ou decoración, a novidade estará en que entre os artigos expostos haberá peletería e lencería. Participarán 38 expositores nun total de 52 stands. Desde a Asociación confían en que esta edición vai ser todo un éxito.

    O alcalde pola súa banda, asegurou que este tipo de iniciativas son todo vantaxes: para os veciños porque poden adquirir produtos a bo prezo e para os comerciantes porque lles permite dar saída ós seus stocks.

    Desde a organización agardan que unhas trinta mil persoas asistan a esta Feira de Oportunidades. A inauguración será o venres 17 á unha e media da tarde.

    Redacción Salnés