Cultura recuperará a ponte de Traba segundo o seu aspecto orixinario

traba_100_170908.jpgNOIA > A Xunta de Galicia investirá preto de trescentos mil euros na recuperación da ponte de Traba, en Noia.

{flowplayer}barbanza/traba.flv{/flowplayer}

A intervención que acometerá a Consellería de Cultura para a recuperación da ponte do río Traba, en Noia, consistirá no reforzo da súa estrutura coa consolidación de dous dos seus piares e o asegurado de dúas bóvedas.

Aspecto orixinal

Tamén se procederá a sustituír o actual pavimento asfáltico por lastros de pedra de granito co fin de recupera-lo aspecto orixinario da ponte. A actuación inclúe ademais a reparación dalgúns danos detectados ata o de agora como o derrame dun dos tímpanos, mal estado dos peitorís, a falta de fábrica na cimentación da pila número dous e a limpeza dos muros.

Segundo informou a Consellería de Cultura, en resposta á pregunta formulada polo deputado socialista Xosé Manuel Lage, os traballos darán comezo unha vez obtido o preceptivo informe da confederación hidrográfica. Deste xeito, porase en valor un dos elementos patrimoniais máis importantes da vila de Noia xunto coas actuacións acometidas en Pontenafonso.

Recuperación do cauce

Os traballos de rehabilitación da ponte, que se atopa nun avanzado estado de deterioro, viranse complementar coa actuación que está a promover o goberno municipal para a recuperación do río Traba.

Durante a execución das obras habilitarase un acceso provisional así como unha pasarela peonil. Dende a Xunta de Galicia consideran que esta actuación contibuirá á recuperación do patrimonio e historia do pobo noiés que traerá importantes beneficios a nivel turísitco e cultural.

Redacción Barbanza