RIANXO> A actividade, organizada pola Agrupación Teatral Criaturas en colaboración co Concello e a teputación da Coruña, terá continuidade mañá sábado e o domingo con máis representacións, e tamén a próxima fin de semana. Durante dúas fins de semana seguidas, esta que hoxe comeza e a seguinte, un total de sete compañías galegas de teatro afeccionado subiranse ós escenarios dentro da terceira edición da Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego. A actividade está organizada pola Agrupación Teatral Criaturas en colaboración co Concello e a Deputación da Coruña. As funcións están destinadas a tódolos públicos. Todas Terán lugar no auditorio rianxeiro ás sete da tarde. Algunas con entrada de balde e outras cun prezo simbólico de dous euros. Polo escenario pasarán compañías como Trotaventos Teatro, o Grupo Municipal de Teatro de Ribeira ou a Escola de Teatro Airiños, entre outras. A mostra completarase tamén con obradoiros de monicreques, sesións de animación á lectura e un taller de técnica vocal.
Inicio BARBANZA