CAMBADOS> Dentro dun concello atopamos centos e milleiros de topónimos e microtopónimos. A dispersión poboacional fai que Galicia sexa o territorio do Estado onde máis nomes de lugares se contabilizan.
En Cambados, organizaron hoxe unha xornada divulgativa para reivindica-lo importante patrimonio cultural que se agocha detrás da toponimia. A iniciativa serviu tamén para dar a coñecer unha aplicación colaborativa que, en breve, permitirá xeolocalizar denominacións de lugares que están a piques de perderse.
Dentro dun concello como Cambados, hai cinco parroquias e dentro de cada unha delas, centos de nomes de aldeas, lugares, corredoiras e recunchos. A riqueza toponímica galega é única en España. Moitas das denominacións fóronse perdendo co paso do tempo.
Hoxe en Cambados, no IES Franciso Asorey, organizaron unha xornada centrada nos nomes que reciben os lugares.
A actividade forma parte da Campaña ‘Toponimízate’, impulsada pola Real Academia Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. A iniciativa sirve para poñer en valor a diversidade de nomenclaturas da que goza o país. Serve tamén para reivincidar que en Galicia, a única versión válida, segundo recolle a lei, é a galega, falemos na lingua que falemos.
Alén de profundar no coñecemento dos nomes dos lugares habitados, a rapazada entrou en contacto cunha nova aplicación colaborativa, que en breve permitirá xeolocalizar microtopónimios.
A xornada estivo conducida por Vicente Feijóo, membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega.