{flowplayer}barbanza/atropelonoia.flv{/flowplayer}
Ó redor das once da mañá rexistrábase un atropelo na zona da Barquiña en Noia, na estrada AC-550. Un vehículo impactou contra unha muller de nacionalidade alemá que se atopaba realizando o Camiño de Santiago.
O condutor bateu tamén contra os contedores de lixo desprazándoos vinte metros e posteriormente deuse á fuga.
A muller foi trasladada ó centro de saúde de Noia para ser atendida das numerosas feridas que presentaba.
Segundo algunhas testemuñas o vehículo circulaba a gran velocidade e de forma temeraria.
Redacción Barbanza