Inaugurado o Centro de Tecnificación de Vela

centro250_250908.jpgVILAGARCÍA > A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, inaugurou hoxe oficialmente o Centro Galego de Tecnificación de Vela, en Vilagarcía. O acto contou coa presencia do campión olímpico en clase tornado, Antón Paz, que daralle nome á escola de vela que no centro se vai crear.

{flowplayer}images/salnes/CentroTecnificacion_250908.flv{/flowplayer} 

Un edificio, de vidro, aceiro e formigón, de algo máis de 2.400 metros cadrados, dúas plantas e baixocuberta, é novo centro galego de tecnificación de vela. Un lugar onde se prepará a xóvenes regatistas para converti-los en deportistas de élite e que contará tamén cunha escola. Un proxecto que contou cun orzamento de máis de dous millóns de euros e que será pioneiro en España.

Ánxela Bugallo aproveitou a ocasión para dar en primicia o nome que levará a escola que estará dentro do centro: "Antón Paz".

Tamén a alcaldesa amosouse satisfeita por ver rematada xa esta obra. Aproveitou  para pedirlle ós responsables na Xunta desta materia que contemplen a idea de crear nestas propias instalacións unha Escola Municipal de Vela.

Presidindo a Centro estará o Tornado co que Antón Paz e Fernando Echavarri, hoxe ausente, proclamáronse campións olímpico. Un cumio demasiado alto pero seguro que servirá de espello para os rapaces que dentro de poco encherán estas instalacións.

Redacción Salnés