Medio Ambiente asina convenios cos Concellos para obras hidráulicas

    convenio_medioambiente_100.jpgPONTEVEDRA > A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia vai a destinar nesta anualidade un total de 30 millóns de euros para a mellora…

    … de infraestructuras hidráulicas nos núcleos rurais dos concellos galegos. Así o anunciou esta mañá en Pontevedra o titular deste departamento autonómico; no transcurso do acto de sinatura deste protocolo de colaboración con dezaseis concellos da provincia, entre eles Caldas de Reis, O Grove e Poio.

    A estes concellos, que supoñen o vintecinco por cento da provincia, destinaranse un total de 3,3 millóns de euros. Asemade, as previsións apuntan a que a finais de ano se terán asinado cadanseu convenio co cen por cento dos concellos da provincia.

    Estas obras consistirán en plans de pequenas infraestructuras hidráulicas en cada concello por un valor inferior ós 200.000 euros; cun dobre obxectivo: o de mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a calidade medioambiental do entorno medioambiental. Ademais, as obras tramitaranse en tódolos concellos, independentemente da súa cor política, a través das corporacións locais e con caracter bianual. Realizaranse tamén por pequenas empresas ubicadas nestes concellos; o que vai a supoñer unha gran axuda nestes momentos de crise.

    Estas actuacións adxudicaranse en cada caso pola fórmula de procedemento negociado para dar máis axilidade ó proxecto; deste xeito, cidadáns e rexedores poderán comprobar sobre o terreo case de inmediato a aplicación deste plan.

    Redacción Salnés