![]()
SALNÉS> Non foi unha boa xornada para os representantes do Salnés nas ligas de futbol sala. Na Primeira Nacional B o Grupo Junquera non puido co líder Esteo co que caeu no derradeiro minuto de xogo. Unha categoría por enriba o Viajes Interrías perdeu tamén co líder, neste caso o Parrulo, por 9-4.
Pouco ou nada puido facer o Viajes Interrías na súa visita á cancha do líder da Primeira Nacional A, o Parrulo. Os ferroláns dominaron de principio a fin e deixaron o partido visto para sentencia na primiera metade. Dous goles nos dous primeiros minutos poñían moi costa arriba o partido para os de Salgueiro ante a avalancha de xogo local. Os tantos foron caendo pouco a pouco ata o 6-0 co que se chegou á pausa.
Trala reanudación mellorou a imaxe dos portonoveses e o Parrulo baixou algo o seu ritmo polo que os visitantes puideron maquillar un tanto o marcador. Manolete, Alan, Rubén e Salgueiro acadaron os goles dun Interrías que o final cedeu por 9-4.
Este, se cadra, non era un partido dos da súa liga; sí o será o seguinte, ante o Coruxo, rival directo pola permanencia.
O Grupo Junquera pola súa parte tampouco puido co Esteo (6-7) nun partido igualado e bronco. Non quedaron satisfeitos os locais coa actuación arbitral, principalmente pola expulsión de Sesar por unha entrada deste sobre un contrario no minuto seis de xogo. Rodrigo Feijóo quedouse polo tanto sen un dos seus puntais pero o Junquera non por iso baixou os brazos.
A primeira metade foi de pausa e control e chegouse o drescanso con 1-2 para os visitantes.
O Esteo seguíu mandando no marcador na segunda parte, na que os goles comezaron a chegar nunha e outra portería. Os vilagarciáns souberon remontar e poñerse con 6-5 a favor a falta de tres miunutos. Sen embargo, pouco despois os visitantes acadaban o empate. Co 6-6 no electrónico Rodrigo Feijóo apostou a todo o nada e sacou o porteiro xogador; non lle saíu ben e a vintesete segundos para o remate os visitante recuperando un coiro e acadaban o séptimo dende campo propio e a portería baleira.
Esta derrota déixalles cuartos na xeral aínda que con posibilidades de recuperar a terceira praza xa que contan cun partido menos disputado que os equipos que o preceden.
Redacción Salnés








