Nove embarcacións do Salnés irán ó Campionato Galego de Bateis

VILAXOÁN > O Campionato Galego de bateis que se disputa esta fin de semana terá unha ampla representación do Salnés. Na clasificatoria celebrada este sábado e domingo en Vilaxoán conseguiron un posto para o galego 9 embarcacións, tres do Vilaxoán, catro de Mecos, unha de Amegrove e outra do San Martiño.

regatabateisvilaxoan_300_180406.jpgNove tripulacións da comarca do Salnés clasificáronse para o autonómico de bateis. Durante a pasada fin de semana disputouse o campionato territorial Sur no peirao de Vilaxoán. A proba era clasificatoria para o galego da especialidade, que se celebrará esta fin de semana en Corcubión. O Vilaxoán, que era o que organizaba a proba, tivo unha actuación moi destacada ó conseguir dúas medallas, nas categorías cadete e infantil masculino. Ambas embarcacións quedaron en segunda posición nas súas respectivas probas. No caso dos infantís foron superados por Tiran, mentres que en cadetes, o triunfo foi para Amegrove. Nesta categoría tamén se clasificou para o galego a embarcación de Mecos tras chegar sexto á meta. As outras medallas arousanas foron para os grovenses do San Martiño, segundos en sénior, e para os de Mecos, terceiros, nesta categoría, e con outro bronce en Infantil – cadete feminino. A representación arousá no campionato galego complétase coas tripulacións de xuvenil sénior feminino de Mecos e Vilaxoán.

Redacción Salnés