O Olimpic acada once medallas no autonómico de combate

SALNÉS> O Club Olimpic de Vilagarcía continúa a colleitar grandes resultados en tódalas probas nas que participa. A última, o Campionato Galego Promesas en modalidade Combate, onde acadaron once medallas as mesmas que o Natural de Riveira.

O pavillón do Gatañal, en Cangas, acolleu a celebración do Campionato Galego Promesas. Alí concurrían tres categorías, cadete, junior e absoluta. En total celebráronse 350 combates sobre seis tapices diferentes e baixo o sistema de petos electrónicos.

Os pupilos de Miguel Cuevas acadaron un total de once medallas entre elas catro ouros, os conseguidos por Iván Meléndez en cadate lixeiro, Victor González en cadate peso medio, Antía Piñeiro en junior semimedio e Pablo Fresco en absoluto lixeiro. 

O Olimpic sumou ademais dúas pratas, as de Paula Barcala en junior semipesado, e a do seu irmán Felipe Barcala en junior medio.

A exitosa actuación do club vilagarcián completouse con cinco bronces, acadadados por Aitana Rodríguez, Sara Domínguez, Jonas Montes, Jorge Argibay e David Fresco. Todos estes resultados fixeron que o Olimpic rematase entre os mellores na clasificación xeral por equipos, ocupando o segundo posto en categoría masculina.

Tamén asinou unha gran actuación o Natural de Riveira, que acadou o segundo posto clasificación femenina. Raquel Vila, Nuria Torres e Fabiola Rodríguez sumaron tres ouros que foron determinantes para acadar este resultado. Ademais os riveireses leváronse outras oito medallas máis: catro pratas e catro bronces.

Redacción Salnés