Manuel Tomé fai públicas as súas desavinzas ca FEB

    tomerexeitadolmen_100_290908.jpgPOBRA >  Decidiu rexeitar o Dolmen de Ouro que recoñecía o seu labor ao fronte da Federación de Empresarios da Barbanza

    Como ven sendo habitual nos últimos 20 anos, a Federación de empresarios do Barbanza, que preside Gladys Bermúdez Siaba, celebrará o vindeiro 10 de outubro a vixésima edición da Gala Dolmen de Ouro, que ata este ano premia cun galardón os méritos amosados polas empresas ubicadas no ámbito territorial da Federación e integradas nesta a través das súas respectivas Asociacións.

    Sen embargo, nesta edición a FEB acordou por unanimidade recoñecer o labor realizado polos Expresidentes da Federación de Empresarios do Barbanza, entre os que se atopa Manuel Tomé, presidente da federación desde 1998 ata 2003. 

    {flowplayer}barbanza/tomerexeitadolmen.flv{/flowplayer}

    Galardón desvirtuado 

    O actual vicepresidente da Asociación de Empresarios da Pobra decidiu rexeitar o citado galardón xa que considera que este non lle pertence segundo marca o Regulamento que no seu día aprobou a federación de empresarios do Barbanza, e que premia a todos aqueles empresarios que no seu día desenvolveron unha traxectoria empresarial exemplar e non a aqueles que desempeñaron, con mellor ou peor fortuna, a dirección dunha asociación sen ánimo de lucro, como o é a Federación de Empresarios do Barbanza.

    Con este rexeitamento, Manuel Tomé non pretende restar importancia ao traballo levado a cabo polos diferentes expresidentes da FEB, senón que considera que este recoñecemento non pode equipararse co que representa o Dolmen De ouro xa que segundo considera o empresario pobrés o seu obxecto é ben distinto.

    Redacción Barbanza