![]()
O GROVE > Só unhas semanas de traballo, calcula o presidente da Deputación de Pontevedra que lle quedan ás obras da estrada interior que comunica O Grove …
… con San Vicente. Esta mañá Rafael Louzán visitou os traballos que se retomaron hai algo máis dun mes co remate do verán. Unha nova capa de rodadura e beirarrúas conforman esta actuación, unha das máis importantes en estradas provinciais levadas a cabo pola Deputación.
Os traballos tamén incluíron a instalación da rede de saneamento, nalgúns puntos da vía, a canalización da rede telefónica e de electricidade, e a mellora da seguridade viaria coa eliminación dos puntos negros da estrada. Case catro millóns de euros calcula a Deputación que investiu no vial, cuxas obras de ampliación e mellora levan xa varios anos de atraso. Unha demora que a Deputación atribúe ós procesos de expropiación dalgunhas vivendas e terreos e á aparición de melloras non provistas no proxecto inicial.
Louzán tamén lembrou no Grove que a Deputación ten apiques de rematar outras vías coma a do Conde, nas que tamén houbera queixas pola súa demora. Ademais, o Presidente da Deputación asegurou que vai atender ó alcalde do Grove, que lle solicitou en varías ocasións manter unha entrevista, aínda que non hai data fixada para a cita.
Con esta inversión nas estradas mecas o organismo provincial defende o seu compromiso co Concello do Grove, logo de que o actual alcalde, José Antonio Cacabelos, denunciase o esquecemento que está a sufrir a localidade por parte da Deputación.
Redacción Salnés








