RIBEIRA> O BNG de Ribeira presentou unha proposta que busca destinar o 1’7 millóns de euros da asignación que lle correspondería ó municipio a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para este ano 2026 a investimentos nas nove parroquias.
As actuacións contempladas céntranse nos servizos básicos, fundamentalmente en saneamento, abastecemento de auga e pavimentacións, cuestións que, segundo os nacionalistas, seguen a ser prioritarias para a veciñanza.
A proposta que fai o BNG parte do diálogo directo coa veciñanza durante as xuntanzas mantidas nas últimas semanas polas parroquias.
Os nacionalistas lamentan que o actual goberno do PP volva ás vellas formas de gobernar, presentando unha proposta do POS sen debate previo, sen consenso e sen escoitar á veciñanza nin ós grupos da oposición.











