Unha nova ponte érguese sobre o río Coroño

    novaponteordenario_100_061008.jpgBOIRO >  Xa remataron os traballos de construción do viaduto no lugar de Ordenario-Pazos de Coroño

    Dende finais do ano 2005 a ponte atopábase intransitable para o tráfico rodado por mor das riadas que desestabilizaron os piares, polo que tan só os viandantes podían facer uso dela.

    Convenio de colaboración

    A principios de ano, a Consellería de Política Territorial e o concello de Boiro asinaban un convenio de colaboración para a reconstrución desta ponte. Este documento viña substuir ao que se firmara no ano 2006, xa que foi necesario realizar unha reformulación do proxecto.

    {flowplayer}barbanza/novaponteordenario.flv{/flowplayer}

    Tras varios estudios, decidiuse proceder ao derrubamento da ponte vella e levantar outro viaduto sen alicerces intermedios, para evitar que a acumulación de ramaxes e garantir a fluidez das aguas.

    Despois de catro meses de iniciada esta actuación, financiada pola Consellería de Política Territorial cun investimento de 281 mil euros, xa se atopa rematada, tal e como confirmou o edil boirés de obras e servizos, Xoán Xesús Ares.

    A partir de agora, unha vez construido o novo viaduto o concello de Boiro asumirá a súa conservación e mantemento.

    Redacción Barbanza