O tecido asociativo e hostaleiro de Boiro implícase na celebración do 8M

BOIRO> Diversas entidades do tecido asociativo e empresarial colaboran coa celebración do Día da Muller en Boiro. Unha das novidades vén da man dun local hostaleira que ofrecerá unha hamburguesa especial en homenaxe á activista feminista Naomi Parker.

Como cada ano, o Centro de Información á Muller de Boiro organiza  unha serie de actividade ó redor do 8M. O acto central terá lugar o venres 7 ás once da mañá na entrada da casa do concello.

Diversas entidades sociais e educativas sumáronse á programación como é o caso da Cruz Vermella que, a través dos seus talleres de memoria, participará no proxecto ‘As Mulleres, motor da nosa vida’ promovido polo IES Praia de Barraña.

Tamén a hostelaría colabora co concello en prol da igualdade. , Durante todo o mes de marzo, o local Gin-Lab ofrecerá a hamburguesa especial Naomi Paker, en homenaxe á activista norteamericana.

O programa de actividades compleméntase con outras citas como as xornadas Muller e Saúde, sesións de adestramento de solo pelviano ou un curso de autodefensa entre outras.