O Arousa a seguir crecendo, o Portonovo a reaccionar

futbol250_101008.jpgSALNÉS > Dos partidos máis interesantes será o que xogue o Vilalonga na Fontenla, o campo do líder Santa Comba. O Céltiga, pola súa banda buscará voltar ós postos de ascenso acadando unha victoria ante o Ordes.

Xornada interesante e incerta a que se presenta esta fin de semana, será xa a séptima.

O Céltiga buscará volver pola senda do triunfo diante do pechacancelas Ordes. Josiño Abalde non poderá contar practicamente con total seguridade co mediocentro Nacho, que ven arrastrando unhas molestias musculares dende hai semanas. O rival, pese a se-lo último clasificado dispón de xogadores de moitísima calidade de mediocampo cara arriba e procurarán  que o encontro do Salvador Otero sexa o seu punto de inflexión.

Punto de inflexión precisa o Portonovo canto antes. Os de Milucho son terceiros pola cola e enfrontaranse o domingo en Baltar a un equipo que agora está metido nese loita, o Lalín. Conxunto complicado, cun esquema e unha forma de xogar ó fútbol moi ben definida e con gran poderío físico en tódalas súas liñas. Será un partido para sufrilo e trabillalo.

O mesmo lle sucederá ó Vilalonga que visita ó líder Santa Comba. Despois da victoria do derbi da semana pasada os de Gabi leis buscarán encgancharse ós postos altos da clasificación e afrontar o futuro con máis tranquilidade. Rubí, que está a pasar por un forte proceso gripal, podería ser baixa nos celestes.

O Arousa visita o campo do Gran Peña, recén ascendido e que camiña na clasificación da man dos vilagarciáns. Sete puntos para ámbolos dous conxuntos. Dani Conde e Hugo Soto reaparecen no conxunto arlequinado polo que Juan Laxes poderá dispoñer de maior variedade de recursos para intentar acadar a terceira victoria consecutiva.

Tódolos partidos serán o domingo ás 17:00.

Para as 17:30 en Preferente Autonómica quedará o Sanxenxo – Choco, mentres que para as 18:00, en Monte da Vila, queda un interesantísimo derbi entre Unión do Grove e Ribadumia.

Redacción Salnés