Sacyr segue sen solventar os problemas das obras da autovía da Barbanza

    BOIRO > O alcalde de Boiro, Xosé Deira ameaza con acudir ao xulgado se a empresa adxudicataria non arranxa en breve a situación

    O director Xeral da Consellería de Política Territorial da Xunta, Manuel Morato inspeccionou as deficiencias e problemas derivados das obras da autovía no termo municipal de Boiro.

    As autoridades locais déronlle conta de máis trinta puntos problemáticos en todo o termo municipal de Boiro se recollen nun informe elaborado polos técnicos do concello no que se contemplan, ademais, as demandas dos veciños.

    As chuvias desta semana voltaron evidenciar que a empresa Sacyr, adxudicataria das obras da autovía segue sen arranxar as graves deficiencias derivadas da contrución desta infraestrutura.

    {flowplayer}barbanza/deficienciasautoviaboiro.flv{/flowplayer}

    Ausencia de canalizacións

    Os problemas máis graves detectáronse en Rosomil, en Sealo, A Mina e Galegos, onde se comprobaron os problemas de acceso e de arrastre de terras por mor da ausencia de conducións de augas.

    Tamén houbo múltiples queixas dos veciños de Espiñeira e Porto do Río onde existen deficiencias na rotonda situada na estrada de Noia e as canalizacións verten cara a zona de Cimadevila e Carrofeito.

    Accesos cortados

    En Vilariño os problemas detectados afectan a acceso a fincas na zona da ponte, acumulacións de augas no Cachopal e falta de canalizacións en Loreto. Pero, sen dúbida, é na parroquia de Cespón onde se están a dar os maiores problemas que indignan a veciños e autoridades.

    O concello de Boiro concedeulle a empresa Sacyr un curto prazo de tempo para que execute os traballos advertindo, que no caso de non facelo recurrirán a via xudicial.

    Indignación na comarca

    O malestar por esta situación non é exclusivo do goberno local de Boiro. Dende a Mancomunidade Arousa-Norte, o seu presidente, Xosé Luis Torres Colomer mostrou a súa indignación pola falla de contestación da Consellería de Politica Territorial as tres peticións de entrevista con María Xosé Caride ca que quere abordar os problemas derivados dos traballos da autovía en toda a comarca.

     

    Redacción Barbanza