O executivo ribeirense traballa xa na nova edición da Gala do Deporte

RIBEIRA> O evento pretende distinguir e premiar a aqueles deportistas, clubs, dirixentes e institucións que destacaron nalgunha faceta relacionada coa actividade deportiva no último ano. O departamento de Deportes vén de facer públicas as bases que regularán este ano a Gala do Deporte, un evento que chega este ano á súa undécima edición, no que pretende premiarse ós deportistas e entidades locais que máis destacaron ó longo do pasado 2014. Nesta edición haberá 19 apartados, entre os que se atopan mellor deportista masculino e feminino, mellor club, mellor adestrador, mellor evento deportivo ou o de mellor colaboración empresarial co deporte. Como requisito imprescindible para poder optar os premios na maioría dos apartados figura o feito de ser un deportista nado en Ribeira ou ter residencia legal no Concello con data anterior a 1 de xaneiro de 2012. Xa está aberto o prazo para que calquera persoa ou entidade que o desexe poida propoñer candidatos a estes premios, será ata o 28 deste mes de xaneiro. Poderán facelo mediante a presentación dunha instancia no rexistro xeral do Concello ou por correo electrónico á dirección deportes@riveira.com. A relación de nominados farase pública o día 10 de febreiro e a Gala celebrarase no Auditorio Municipal, nunha data aínda por determinar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí