Verónica Miguéns pasa con boa nota o exame do mundial

trial250_230909.jpgVILAGARCÍA> A piloto vilagarcián do Motoclub Sqem participou nas últimas dúas probas do Campionato do Mundo de Trial. Os seus resultados estiveron condicionados por unha lesión no nocello sufrida tras unha forte caída.

Ven de rematar o periplo de Verónica Miguéns polo Campionato do Mundo de Féminas de Trial. A piloto vilagarcián participou neste mes de setembro en dúas probas do mundial, unha delas disputada a pasada fin de semana en Francia e a outra, máis recente, en Italia.

Na primeira delas, celebrada na localidade gala de Grasse, ó sur de Francia, Verónica rematou nun meritorio decimoitavo posto, deixando por detrás a catro rivais no que foi o seu estreo nunha competición deste nivel.

Días despois, en Darfo Boario, Italia, finalizaba no posto número 30, deixando tras ela a outras cinco participantes, o que tampouco está nada mal, sobre todo tendo en conta que na primeira zona sufríu unha caída durísima polo que tivo que completar o percorrido moi mermada de facultades.

Estas probas serviron para corroborar unha vez máis o dominio na especialidade da catalana Laia Sanz, que se proclamou campiona do mundo por novena vez consecutiva.

Agora Verónica seguirá preparando o Campionato de España en Féminas B, clasificación que lidera e que ten a seguinte proba en León o día 18 de outubro.

Redacción Salnés