O chino Liu guía ó Est. Otero á súa primera victoria

tenisdemesa250_151008.jpgCAMBADOS > Bo debut do Establecimientos Otero en División do Honor. Na súa viaxe ó País Vasco gañaron un partido, perderon outro, e viron a gran calidade que atesora a súa fichaxe estrela para esta temporada, o chino Liu.

Liu Junhuin demostrou na primeira oportunidade que tivo o gran xogador que é e o importante que será este ano para o Estableciminetos Otero. No primeiro encontro que disputaron os cambadeses en terras vascas, foron quen de vencer ó Gasteiz por 1-4, resultado ó que Liu aportou dous puntos en individuais máis o dobres que fixo con Jacobo Enseñat, que tamén gañou un partido en individual e demostrou que será un bo complemento para o chino. Eduardo Barreiro, pese a realizar un bo encontro caeu no seu partido.

Non puideron repetir resultado ante o Leka Enea, co que caeron por 4-0. Non en van, o seu rival é un dos grandes favoritos para o ascenso e conta nas súas filas cunha tripleta de autentico luxo: o chino Wu, o internacional español Daniel Torres e o internacional xuvenil Endika Díez. Con todo, gran imaxe do Establecimientos Otero e balance positivo desta primeira xornada para eles.

En Segunda Nacional o Grupo Barros sumou a súa segunda victoria da temporada tras impoñerse con suficiencia ó Mercantil de Vigo por 4-0. De destacar foi o a gran victoria de Fernando Padín sobre Juan José Alonso, xogador que viña de participar en Primeira División. A mala nova deuna nesta categoría o Joyería Enrique que caeu por 0-4 ante o Vincios.

En Primeira División Nacional Femenina, derrota do Caixanova ante o Dubra Tambre por 1-4. Cristina Barreiro sumou o únivco punto cambadés tras impoñerse nun gran partido a Belén Puga.

En categorías autonómicas, destacar as victorias do CaixaGalicia ante o Vincios por 1-4, e do Insucarpi ante o Virxe do Mar de Noia, por 4-0.

Redacción Salnés