Combarro acolle os días 16 e 17 o I Trofeo de Platú

platu_combarro copia.jpg POIO> Unhas 60 embarcacións tomarán partido nunha competición que destaca polo alto nivel dos participantes e que será puntuable no ranking galego da clase

{flowplayer}images/salnes/TROFEO_PLATU_VELA_POIO.flv{/flowplayer} Os vindeiros sábado e domingo, as augas de Combarro acollerán o I Trofeo de Platú. Unhas 60 embarcacións tomarán partido nunha competición que destaca polo alto nivel dos participantes e que será puntuable no ranking galego da clase.

A regata terá carácter OPEN, é dicir, aberta a patróns de calquera nacionalidade, e o percorrido a cubrir realizarase sobre un trapecio, calculándose a distancia total para que cada proba dure preto de 40 minutos.

A día de hoxe hai unhas 50 embarcacións anotadas para participar e o prazo de inscrición manterase aberto ata este xoves ás oito do serán. O domingo, unha vez rematen as probas, proclamaranse os gañadores nas instalacións do Náutico de Combarro para 3 minutos despois realizar a entrega de premios ós tres primeiros clasificados na cafetería Bla, bla, bla.

Redacción Salnés