O PSOE nega responsabilidades do caso da subvención do Arosa

VILAGARCIA> O PSOE de Vilagarcía deféndese das acusacións feitas onte pola directiva do Arosa. Entenden os socialistas que ó pedir a súa dimisión, o vicepresidente económico do Club está intentando desviar a atención de non ter feito ben as cousas en tempo e forma.

Se onte era a directiva do Arosa S. C. os que pedían a dimisión dos socialistas por non ter votado este ano a favor dunha moratoria no prazo das concesións de subvencións como si fixeran no 2013 con outros clubs; hoxe é o PSOE vilagarcián o que quere poñer o punto sobre as ies. Entenden que a directiva do club arousán está a argallar unha manobra de distracción para disimular que non fixo ben as cousas, cando o único que cumpría era asinar un folio en vinte días. Os socialistas aseguran que o ano pasado votáronse ampliacións de prazo para dez clubs que se presentaran fora de tempo pero que este ano o que se lles pedía que votasen era outra cousa ben distinta; o que para eles sería prevaricar ó ser contrarios ós informes técnicos. Os socialistas apuntan que os seus son só dous votos dos quince posibles na Fundación de Deportes. Amais, deixan entrever que os que votaron contrariamente ó informe poderían ter prevaricado. Torrado e Serén sinalan que a pelota está no tellado da Xunta de Goberno que é a única que é quen de devolver cun informe favorable a concesión da subvención ó Arosa. Sería entón cando eles lle darían o seu visto bó. Así as cousas, desde o PSOE entenden que detrás desta campaña de desprestixio contra eles hai intereses moito máis alá do deportivo.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/23/socialistas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/23/resposta_psoe_arosa.mp4{/flowplayer}