![]()
PONTEVEDRA> Esta tarde foi presentada a Praza da Ferraría de Pontevedra a Copa do Futuro. Unha competición futbolística destinada ós máis pequenos, patrocinada pola Deputación e que se disputará en diferentes localidades da provincia durante os meses de maio e xuño.
{flowplayer}images/salnes/copadofuturo_220409.flv{/flowplayer}
A III Copa do futuro xa está en marcha. Hoxe foi presentada esta competición adicada ós máis pequenos e que recorrerá a provincia durante o vindeiro mes e medio. Nesta ocasión os elexidos para apadriñar o torneo foron os adestradores de Celta e Pontevedra, Eusebio Sacristían e José Aurelio Gay, que acompñaron ó deputado de deportes, José Enrique Sotelo, na presentación levada a cabo na Praza da Ferraría esta tarde.
O evento na súa primeira fase desenvolverase do 2 de maio ó 14 de xuño e pasará por Pontevedra, Vigo, Soutomaior, Ponteareas, Ribadumia, Baiona, Lalín e Cangas. As finais disputaránse tamén en Pontevedra o 20 e 21 de xuño.
A organización contará ademais co apoio dos concellos que acollan os partidos desa primeira fase. Todos eles porán á disposición dos máis pequenos unha área lúdica, con futbolíns humanos e convecionais, chutómetros e hinchables entre outros.
Os prazos de inscripcións para os equipos xa está aberto dende o 14 de abril.
Redacción Salnés







