Pontevedra converterase esta fin de semana nun referente internacional do ciclocross

PONTEVEDRA> Pontevedra prepárase para acoller, por segundo ano consecutivo, o Campionato de España de Ciclocross. A cita terá lugar esta fin de semana na Illa das Esculturas. Neste evento participarán preto dun milleiro de corredores, a cifra máis alta rexistrada nunha competición deste nivel.

Pontevedra baterá, esta fin de semana, todos os récords de participación nun Campionato de España de Ciclocross. Con case un milleiro de corredores inscritos, esta competición situará á cidade do Lérez nun referente internacional deste deporte.

A principal novidade deste evento con respecto ao campionato de ciclocrós de 2019 celebrado en Pontevedra é o circuíto. En total, 3.100 metros onde se aumentará o nivel técnico.

Con este campionato, Pontevedra volve a demostrar a súa aposta polo ciclocrós. E o fai soñando xa coa Copa do Mundo de 2024.

Pero para presentar a candidatura á Copa do Mundo fai falla superar a cita desta fin de semana. O Campionato de España de Ciclocross arrancará o sábado ás 9:00 horas. Durante esta xornada, os que se acheguen ata á Illa das Esculturas poderán desfrutar dos Máster masculino e feminino, así como das categorías cadete e júnior masculino. O domingo será o día grande. As probas comezarán ás 10:00 horas co sub23 masculino, e continuarán as 11:30 horas coa élite, a sub23 e a categoría júnior feminina. En canto á élite masculina, esta arrancará á 13:30 horas. Unha fin de semana onde o espectáculo e a diversión están garantidos.