![]()
RIANXO > As novas instalacións, emprazadas no lugar da Barraca en Asados, xa entraron en funcionamento
Os veciños de Rianxo xa teñen a súa disposición o punto limpo municipal onde poderán depositar todos aqueles residuos producidos no ámbito domiciliario que habitualmente non retira o servizo ordinario de recollida de lixo.
Joaquín Buergo del Río, director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Manuel Tajes Delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente acompañaron ao alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro nun percorrido polo recinto.
Este proxecto contou ca financiación da Consellería de Medio Ambiente, que aportou unha achega de 234 mil euros e ca do concello de Rianxo cunha contía de 25 mil euros na que se incluiu a compra dos terreos.
Clausura de vertedoiros incontrolados
Joaquín Buergo del Rio, director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental O director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental explicou que ca dotación destes puntos limpos aos concellos galegos búscase clausurar os vertedoiros incontrolados e concienciar sobre a necesidade da reciclaxe e o tratamento de residuos.
Oito millóns de euros
Pola súa banda, o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro agradeceu os fortes investimentos realizados pola Consellería de Medio ambiente en Rianxo que ascenderon a máis de oito millóns de euros durante esta lexistura.
{flowplayer}barbanza/inauguracionpuntolimporianxo.flv{/flowplayer}
Grazas a estas achegas materializaron, entre outras, as obras de mellora da Edar, recuperación e saneamento do río Te, traballos de saneamento e abastecemento de auga nas parroquias e instalación de colectores soterrados no paseo de Ribeira.
Trípticos informativos
As novas instalacións situadas no lugar de A Barraca en Asados recolleran calqueira tipo de mobiliario, electrodomésticos, téxtil, cascallos de reparacións domiciliaria e restos de poda vexetal, ademáis de papel e cartón, vidro ou plástico. Asemade, tamén haberá espazo para residuos especiais como disolventes, pinturas, vernices, pilas, baterías ou aceites usados.
O concello de Rianxo ten previsto remitir aos domicilios un triptico informativo sobre o punto limpo onde se pide a colaboración de todos para evitar vertidos incontrolados e evitar a contaminación do medio ambiente.
Redacción Barbanza










