Cidadáns Boiro promove unha política próxima ós veciños

    BOIRO> A formación que lidera Javier Chouza mantén practicamente en Cidadáns o mesmo bloque que concorreu ás pasadas eleccións baixo as siglas de UPdeBoiro. Cidadáns Boiro preséntase ós vindeiros comicios municipais do 24 de maio cun obxectivo claro, facer unha política próxima ós cidadáns, escoitando tódalas demandas que formulen os veciños, tratando de darlle resposta na medida das súas posibilidades. Segundo o seu cabeza de lista, Javier Chouza, catro serán os eixos fundamentais do seu programa. Dos once primeiros da lista de Cidadáns Boiro, sete repetirán daquela primeira candidatura presentada baixo as siglas de Unión Popular. Trátase de Yolanda Cadabal que irá de número dous, José Antonio Casais, que irá de número tres e Rosa María Blanco que irá de catro. Novos na candidatura serán Alfonso Treus, número cinco, Antonio López, número seis, e María del Mar Rodríguez, número sete. Ramón Tubío, Inmaculada Vesteiro e Adrián Batalla completan os dez primeiros postos da lista.