Os veciños non están satisfeitos coas modificacións

    manuel_corredoira100.jpgBARRO > Os representantes da plataforma de afectados pola reforma da PO-531, admiten que a Consellería de Política Territorial …

    {flowplayer}images/salnes/plataforma.flv{/flowplayer}

    BARRO > Os representantes da plataforma de afectados pola reforma da PO-531, admiten que a Consellería de Política Territorial incorporou cambios importantes no proxecto que lle presentaron esta mañá en Santiago, coma o tratamento de travesía urbana da estrada ó seu paso polos núcleos de Campañó, A Devesa e Curro, así como a afectación a un menor número de casas, máis de 20 nun comezo, e agora tan só cinco.

    Porén, estas modificacións non son suficientes para os afectados, que van ir ós tribunais ante a decisión da Consellería de non rectificar a súa proposta de crear o macronudo en Curro, que dividirá a parroquia. A entrada da estrada a Pontevedra con catro carrís de circulación, tamén segue no proxecto a pesar das alegacións dos veciños que pedían que tivese un tratamento urbano ó igual que outros viais que comunican coa cidade como a N- 550 ou a estrada de Marín e de Vigo.

    A complicación dos acesos á AP-9 para aqueles que non veñan a través da autovía do Salnés, a ausencia de acesos á polígonos coma o de Barro-Meis ou o da Portela, e tamén a necesidade de aumentar os cambios de sentido que eviten que haxa que facer ata un quilómetro e medio de percorrido para poder virar a dirección, son outras das alegacións que non contempla a reforma do proxecto.

    A Consellería de Política Territorial ten que entregarlle agora ós representantes da plataforma unha copia do proxecto que estes lle mostrarán ó resto dos veciños nunha asemblea, na que decidirán se continuarán ou non coas mobilizacións.

    Redacción Salnés