A patronal pobrense propón unha xestora para a FEB

    asociacionempresariospobra.jpgPOBRA> A Asociación de Empresarios propón a creación dunha xestora que asuma as rendas da FEB para sacala do estancamento en que se atopa.

    {flowplayer}barbanza/asociacionempresariospobra.flv{/flowplayer}

    Continúa o desencontro entre a directiva da Federación de Empresarios do Barbanza e algunhas das patronais asociadas, como Rianxo e Pobra. Dende esta última propoñen a creación dunha xestora, integrada por persoas comprometidas na ardua labor de reflotar a federación sacándoa da situación crítica en que se atopa.

    Falla de liquidez

    A asociación da Pobra tomou esta decisión cando a directiva da FEB lles comunicou a falta de fondos para desenvolver a campaña de Nadal, tendo que asumi-lo gasto as patronais locais. Segundo eles, o actual estado das contas amosa ás claras a nefasta xestión económica.

    Dende a Pobra solicitaron unha memoria de actividades para coñecer en que se investiron os fondos ata o momento e proceder ós recortes que sexa preciso. De non obter a documentación solicitada non descartan darse de baixa na federación, posibilidade pola que apostan boa parte dos socios do ente local.

    Redacción Barbanza